A Consellería de Economía e Industria quere potenciar as relacións comerciais entre a industria alimentaria galega e os operadores comerciais chinos e indios, coa finalidade de mellorar no medio prazo as exportacións a ambos países. Os plans de promoción beneficiarán a empresas produtoras de viño, queixos, conservas, peixe conxelado, bebidas ou produtos cárnicos, entre outros. Estas iniciativas de promoción de produtos agroalimentarios na India e China poderán ser prorrogadas, para desenvolver accións ata 2012.
Santiago, 10 de xaneiro de 2011.- A Consellería de Economía e Industria vén de reafirmar o seu compromiso e apoio á promoción de produtos agroalimentarios galegos nos mercados de China e India, no marco dos respectivos plans de impulso das exportacións nos que o Goberno galego colabora con diferentes organismos de promoción exterior.
No desenvolvemento da estratexia de apoio a internacionalización e competitividade da Consellería de Economía e Industria o consello de dirección do Instituto Galego de Promoción Económica aprobou prorrogar su adhesión, en 2011, a los convenios de colaboración interinstitucional orientados á execución dos respectivos plans de promoción de produtos agroalimentarios en China e na India.
As accións de promoción impúlsanse ao abeiro de cadanseu convenio que establece amplos marcos de colaboración, e as prórrogas teñen por obxecto dar continuidade en 2011 ao desenvolvemento dos plans de promoción de produtos agroalimentarios españois en China e India durante o ano 2010, coa idea de que as iniciativas sirvan para aumentar o coñecemento das ofertas exportables galegas e españolas neses países, ao tempo que se incrementa o consumo dos produtos galegos, de cara a integralos nos hábitos de consumo orientais.
Deste xeito, a Consellería de Economía e Industria quere potenciar as relacións comerciais entre a industria alimentaria galega e os operadores comerciais chinos e indios, coa finalidade de mellorar no medio prazo as exportacións a ambos países, cuns acordos de colaboración que poderán ser prorrogados ata 2012.
Ademais, os plans de promoción de produtos agroalimentarios, en China e na India, inclúen actividades de información e formación, así como accións de promoción a realizar tanto directamente, como no marco de feiras internacionais, e beneficiarán a empresas produtoras de viño, queixos, conservas, peixe conxelado, bebidas ou produtos cárnicos, entre outros
A promoción de produtos galegos, nestes dous países emerxentes con grandes expectativas de crecemento, constitúe é o obxectivo dos acordos nos que está comprometida a Consellería de Economía e Industria a través do Igape, no marco dunha iniciativa de colaboración coas diferentes comunidades autónomas, e outras institucións como a Federación de Industrias de Alimentación e Bebidas, o Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX), ou o MARM.